jueves, 7 de octubre de 2010

OS CASTIÑEIROS DO SURESTE OURENSÁN PERDEN A METADE DÓS OURIZOS POR MOR DO VENTO

Miles de ourizos que estaban a medrar nos castiñeiros do sureste ourensán atópanse no chan, debido o forte vento dos últimos días. Dende a Asociación de productores de Castaña aseguran que a cifra podería elevarse a metade de ourizos, destrozados, é decir o 50% dos ourizos dós castiñeiros están no chan
O vento tamén afectou ás árbores. Tanto na comarca de Frieiras coma nos concellos productores de Riós e Vilardevós pondense ver un elevado número de árbores partidas polo vento e soutos cheos de ourizos no chan. Estase a falar de perdas importantes no sector productor de castaña.
Dende a asociación de productores agardan que a perda de ourizos compense un chisco o tamaño das castañas máis tardías.
Inicialmente a previsión era que a presente sería unha boa campaña de castañas porque as árbores estaban cargadas de ourizos xa que a climatoloxía foi moi positiva, pero coa caída agora de ourizos e as árbores que están esgazadas as previsións cambiaron.
O forte desta campaña agardase para finais deste mes. Aínda que as primeiras castañas xa están sendo recollidas.

0 comentarios:

Publicar un comentario