lunes, 11 de octubre de 2010

ANTONIO RODRIGUEZ, NOVO ALCALDE DE XINZO DENDE ESTA MAÑÁ

Xinzo de Limia ten novo alcalde, aínda que sigue gobernando o mesmo partido. O popular Antonio Pérez Rodríguez é dende esta mañá o novo rexedor de Xinzo, aínda que (como quedou demostrado no pleno de hoxe) non conta co apoio de todos os compañeiros de grupo. O edil do PP, Alfonso Patricio non votou en contra pero tampouco a favor de que Antonio Pérez sexa o novo alcalde (ó final abstivose á hora de votar). O mesmo fixo o concelleiro Manuel Cabas, exvoceiro socialista e dende mediados desta lexislatura edil do grupo de non adscritos. Os socialistas e nacionalistas votaron a favor dos seus respectivos candidatos pero non tiveron os votos suficientes para acadar a alcaldía, (porque socialistas e nacionalistas tampouco comparten o cambio de alcaldía).
A renuncia de Isaac Vila como alcalde foi presentada a pasada semana na Casa do Concello da capital antelá e foi aceptada polo pleno este sábado. Vila aproveitou o seu discurso para agradacer todo o apoio recibido durante varios anos como alcalde e tamén repasou actuacións levadas a cabo ó longo dós 25 anos que estivo na política municipal de Xinzo. Agora e ata as eleccións municipais de maio, Isaac Vila, seguirá como concelleiro e continuará como senador. Precisamente Vila Rodríguez motivou a sua renuncia como alcalde en que lle ocupa moito tempo o seu cargo de senador e eso leváballe a quitarlle horas á alcaldía, polo que decidiu adicarse so a unha laboura e por eso deixou a alcaldía. Ese foi o argumento dado por Vila.
En A Limia, os motivos van máis alá da laboura de senador e pola rúa corren argumentos como a situación crítica que políticamente vive o PP en Xinzo de Limia. Como proba está as diferencias patentes que se fixeron públicas no congreso do PP. Hai mesmo populares que están convencidos de que a aposta do presidente provincial, José Manuel Baltar, polo xa alcalde e ademáis candidato do PP á alcaldía de Xinzo nos comicios de maio, van pasarlle factura negativa a este partido. Tempo ó tempo.

0 comentarios:

Publicar un comentario