viernes, 3 de septiembre de 2010

UUAA RECLAMA CORDURA DIANTE DAS INFORMACIÓNS QUE VINCULAN O INCENDIO DE LAZA COA ACTIVIDADE GANDEIRA

(esta é a nota de prensa feita pública hoxe polo sindicato)

Ourense, 3 de setembro.- O sindicato UUAA diante dalgunhas informacións que relacionan o incendio de Laza coa actividade gandeira nos montes agora calcinados, reclama cordura para poñer couto a uns postulados claramente erróneos, xa que os gandeiros son as primeiras vítimas desta vaga de lumes.

A falta de políticas activas de prevención, o abandono das terras pola falta de axudas e a falla dunha estrutura económica que faga rendible o monte, son as chispas que prenden o lume.

A magnitude da traxedia ambiental que se vive nos montes de Laza debe facer reflexionar a Consellería do Medio Rural sobre a importancia de incentivar a gandería extensiva como a mellor liña de defensa contra o lume e tamén a máis barata, xa que ademais de contar cun forte apoio comunitario (por cada euro que pon a Xunta, a UE inviste tres) aforraría gran parte dos 150 millóns de euros que cada ano se gastan en extinción.

Desde o sindicato lémbraselles ás administracións implicadas no coidado da natureza que os incendios se apagan no inverno limpando a maleza nas zonas sensibles, e sobre todo mantendo viva a actividade agrogandeira nas vilas e aldeas, polo que é completamente nefasta a política de recortes das primas da PAC á gandería de carne.

0 comentarios:

Publicar un comentario