miércoles, 1 de septiembre de 2010

ARDE O MACIZO CENTRAL OURENSÁN

Tres días seguidos ardendo, dende o domingo. O macizo central ourensán foi arrasado polo lume. Dende Laza ata Chandrexa de Queixa, pasando polo entorno do parque natural do Invernadoiro as lapas queimaron todo. Hai un gran despliegue de medios de extinción, dende brigadas da Xunta ata equipos de reforzo de Brif's españolas ata mesmo unha dotación do exército. O alcalde, José Ángel García, xa elevou a 1.200 as hectáreas de monte queimadas. A media tarde de hoxe falábase de 1.600. É unha zona red natura e con gran riqueza cinexética que, algunha desaparecería e outra quedaría atrapada polo maior incendio forestal rexistrado en Galicia no que vai de ano. A orografía fai que as labores de extinción sexan complicadas en algúns puntos xa que hai zonas de monte virxen tal e como recoñeceu en ONDA CERO VERIN o tenente de alcalde, José Ramón Barreal que calificou o lume coma unha cuchillada ó macizo central. O alcalde, José Ángel Morais, tamén nunha entrevista en ONDA CERO VERIN reclamou dás autoridades competentes máis control dás persoas que andan polo monte e polo tanto que se intensifique a vixiancia. Veciños, cazadores...solicitan unha investigación a fondo para dar có autor deste e de todos os lumes que arrasan os montes. Todo apunta a que o de Laza é un incendio provocado.
1.9.2010

0 comentarios:

Publicar un comentario