lunes, 30 de agosto de 2010

TEMOR EN VIANA POR MOR DUN LUME FORESTAL

Vivíronse momentos de tensión en Viana do Bolo a consecuencia dun lume que dende onte a tarde leva queimado unhas 100 hectáreas de monte na localidade de Fárdelo, sobor de todo. Dende media mañá xa está controlado pero os veciños aínda teñen o susto no corpo e non é para menos. O fume chegou a invadir algún dós pobos do municipio e temeuse en algún momento que as lapas chegaran as casas (era o que máis temían os veciños), segundo contou en Onda Cero Verín o alcalde Andrés Montesinos a quen poderán escoitar no programa Verín na Onda hoxe luns. ( Xa saben de luns a venres dende as 12'30 ata as 14 horas)
O lume de Viana do Bolo escomenzou onte a media tarde, despois dás seis. Foron militares que andaban pola zona có propósito de vixiar os montes, ós que primeiro viron sair fume no monte de Fárdelo. En pouco tempo o lume empezou a sair de outros puntos, ata rexistrarse 4 focos. Esto fai pensar ó alcalde que se trata de un incendio intencionado.
Os medios aéreos traballaron toda a tarde ata que a luz do día llo permitiu, a noite retiráronse por falta de visibilidade.
Nos labores de extinción deste lume traballaron 3 axentes forestais, 6 brigadas (compostas por entre 5 e 7 persoas), 1 Grumir, 4 motobombas, 2 palas, 5 helicópteros e 6 avións.

0 comentarios:

Publicar un comentario