miércoles, 25 de agosto de 2010

SUBVENCIÓN PARA TITULARES DE OBRADOIROS ARTESANAIS

Os titlares de obradoiros artesanais poderán acollerse a unha subvención que ten por obxetivo axudar a levar a cabo actuación de fomento e desenvolvemento deste gremio en Galicia.
Poden pedir axuda para:
- Obras de reforma e acondicionamento de locais produtivos.
- Proxectos de innovación no proceso produtivo. Adquisición, en réxime de propiedade, de equipamentos propios das características da actividade artesanal, que deberán ser en todo caso de primeiro uso (maquinaria, ferramentas e equipamento auxiliar -que serán de fabricación externa cualificada- e equipamentos para procesos de informatización).
- Divulgación e promoción de produtos artesanais (deseño de imaxes corporativas e logotipos, páxina web do obradoiro e de contidos dixitais relacionados especificamente co sector artesán).
Para poder beneficiarse desta axuda teñen que contar coa carta de artesán e figurar no obradoiro artesán inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galiica.
O prazo para a presentación destas solicitudes remata o 11 de setembro
Na oficina de Desenvolvemento Local do Concello de Verín poden recabar máis información e mesmo tramitar esta axuda, de maneira gratuita.

0 comentarios:

Publicar un comentario