miércoles, 11 de agosto de 2010

O ESCULTOR XOSÉ FAMOS EXPORÁ EN ALLARIZ

A obra do escultor asturiano afincado en Allariz, Xosé Famos, poderá verse dende o día 13 ata o 31 de agosto na Sala A Fábrica. Este artista, natural de Asturias pero alaricano por residencia, exporá as dúas vertentes da súa obra: esculturas de ferro e madeira nas que busca expresións novas entre o abstracto e o realismo, tratando de combinalos, e as esculturas de broce que representan figuras abstractas, con certos trazos de humanidade, próximas ao “Minimal Art” e ao “Arte Conceptual”.

0 comentarios:

Publicar un comentario