lunes, 2 de agosto de 2010

MANUEL CARDOSO SERÁ O CANDIDATO A ALCALDE POLO PP EN VILARDEVÓS

2.8.2010
Manuel Cardoso é, dende onte, oficialmente a persoa elexida polo Partido Popular para encabezar a lista da formación política en Vilardevós de cara as eleccións municipais que se celebrarán en maio do ano que ven. Acadar a alcaldía de Vilardevós é unha vella aspiración do PP que ata o de agora non viu realidade. Vilardevós leva un bon número de lexislaturas gobernado polos socialistas.
Manuel Cardoso (coñecido na comarca como Terrozo) será a primeira vez que se presente como candidato á alcaldía. Leva en política poucos anos e un par de exercicios coma voceiro do PP en Vilardevós. Está disposto a traballar arreo para darlle os populares a posibilidade de gobernar un concello ó que aínda non chegaron.
Cardoso, empresario do mundo da construcción en Vilardevós, foi presentado onte na Casa da Cultura desta localidade nun acto celebrado polo PP e dirixido polo presidente deste partido na provincia, Manuel Baltar. Éste calificou a Manuel Cardoso como unha persoa que será un gran alcalde. Suliñou tamén que dende o PP traballarán neste e en todos os concellos para mellorar a calidade de vida dós cidadáns, para mellorar as infraestructuras e tamén os servizos, polo ben dos veciños.

0 comentarios:

Publicar un comentario