jueves, 26 de agosto de 2010

EN A LIMIA HAI PREOCUPACIÓN POLO PREZO DO CEREAL E EN MONTERREI PENSAN QUE A VENDA DE UVAS ESTE ANO NON CREARÁ PROBLEMAS OS VITICULTORES

Duas novas vencelladas a agricultura, unha na comarca de Verín e outra en A Limia. A base está no sindicato Unións Agrarias. Nesta última comarca, (a antelá) alerta de especulación e baixos precios no cereal en comparación con Castela-León, con unha diferencia de uns 6 céntimos entre esa comunidade e a comarca de A Limia. Dende o sindicato piden sensibilidade por parte dós intermediarios e máis control no nivel de marxen ganancial entre productor e comprador final.
Para a comarca de Monterrei, o sindicato é máis optimista, neste caso no sector vitivinícola. Dentro de unha semán, é decir o xoves que ven haberá unha xuntanza para falar dos contratos homologados. Dende Unións Agrarias auguran unha boa saida para as uvas que están madurando nos viñedos de Monterrei, porque aínda que por un lado se agarda unha posible reducción na colleita a nivel xeral: responsabeis do sindicato aseguran que a priori está garantida a compra de toda a uva da comarca por parte dós adegueiros. Parece ser que xa escomenzaron os contactos e hai xa un bon número de compromisos de compra-venda de uvas ós donos de viñedos.

0 comentarios:

Publicar un comentario