miércoles, 11 de agosto de 2010

DETIDO POR PRESUNTAMENTE COBRAR UNHA FACTURA DA EMPRESA NA QUE TRABALLABA E NON INGRESAR O DIÑEIRO

Un xoven de Verín foi detido por presuntamente quedarse co diñeiro dunha factura que pertencía á empresa na que traballaba. Trátase de un home de 32 anos. Traballaba nunha empresa de instalación de piscinas en Verín. Segundo a denuncia presentada pola secretaria desta empresa, o xoven cobrou unha factura por importe de 11.460 euros pero non ingresou o diñeiro na conta bancaria da compañía. Segundo datos da Garda Civil, o home cobrou a factura o pasado domingo, día 8, pero non consta oficialmente que entregara ese diñeiro a empresa. O xoven de 32 anos foi detido polos axentes da orde, logo da denuncia realizada pola secretaria da empresa. Está acusado de apropiación indebida.

0 comentarios:

Publicar un comentario