jueves, 29 de julio de 2010

EN RIOS SERÁN ENTREGADAS MAÑÁ SEIS DAS DEZ VIVENDAS SOCIAIS

Os veciños de Riós que estaban agardando para poder dispor de unha dás dez vivendas sociais construidas nesta localidade poderán entrar mañá oficialmente nas suas casas. So o farán seis familias. As outras catro renunciaron, no seu momento, a estas vivendas; nalgún caso por motivos económicos dado que a sua situación mudou dende que fixo a solicitude ata agora e noutros casos pola gran demora destas vivendas que tiñan que estar entregadas xa hai perto de dous anos. Diferentes problemas coa constructora á que inicialmente lle foron adxudicadas estas vivendas levaron consigo un importante retraso na finalización das obras. Rematados todos os problemas, mañá recibirán as chaves das suas vivendas seis familias de Riós que entrarán xa nas suas casas situadas na zona coñecida como A Telleira.
O acto que terá lugar na Casa do Concello ás 12 do mediodía e está prevista a asistencia de autoridades locais, así como o Director Xeral de Vivenda e o Delegado Territorial da Xunta. Do tema falará hoxe en ONDA CERO VERIN, o alcalde Francisco Armando Veiga, no progama Verín na Onda.

0 comentarios:

Publicar un comentario