jueves, 29 de julio de 2010

OVELLAS SOLTAS EN PLENA AVENIDA DE LAZA, UNHA DELAS FOI ATROPELADA

PARA VER FOTOS PINCHA AQUÍ
http://www.box.net/shared/59cir5gt7j
http://www.box.net/shared/zbz413apum
Esta mañá un autobús atropelou a unha ovella en plena avenida de Laza. Ó parecer o animal, xunto con outras catro ovellas, sairase da finca na que quedaran toda a noite.
Esta mañá foron moitas as persoas que se sorprenderon ó ver na beirarúa varias ovellas. Có tránsito de vehículos que, sobor das 8 da mañá, discurre por esta avenida cada día, e o paso de persoas que a primeira hora do día aproveitan para camiñar; os animais non sabían onde meterse e foron moitos os vehículos que tiveron que esquivar ás ovellas para evitar un atropelo porque tan pronto estaban en medio da rúa coma nunha dás aceras. Nun deses cambios de ubicación, unha das ovellas foi atropelada por un autobús que facía o percorrido ata o hospital de Verín.
Ata o escenario do accidente trasladouse a Policía Local de Verín que se encargou de buscar o dono das ovellas. Éste por un lado quedouse sen un animal e por outro terá que explicar por qué as ovellas andaban en plena rúa que leva ó hospital a primeira hora da mañá.

0 comentarios:

Publicar un comentario