viernes, 9 de julio de 2010

O BNG CRITICA QUE SEXA NECESARIO TER UN SEGURO AGRARIO PARA RECIBIR AXUDAS POLO TEMPORAL

Os vecinos da comarca de A Limia afectados polos temporais do inverno deberán contar con un seguro agrario para poder recibir axudas. Esta obrigación non é ben vista polo grupo do BNG. O senador Xosé Manuel Pérez Bouza trasladou esta inquedanza ó Senado coa esperanza posta nunha modificación na orde que regula a concesión de axudas para os afectados polo mal tempo.
Bouza presentou unha iniciativa no Senado na que insta á Comisión de Medio Ambiente e Agricultura a que se concedan axudas a todos os damnificados que demostren os danos causados polas condicións meteorolóxicas, independentemente de que teñan ou non contrado un seguro agrario, como se esixe.O nacionalista tamén reclama que se axilicen todos os trámites burocráticos para que os afectados poidan recibir axudas económicas canto antes.

0 comentarios:

Publicar un comentario