miércoles, 7 de julio de 2010

MÁIS DE 700 ALEGACIÓNS Ó PXOM DE VERIN

Máis de 700 alegacións se presentaron finalmente ó plan xeral de Verín. O plazo rematou o pasado luns pero aínda están chegando por correo polo que o número podería aumentar. Serán aceptadas aquelas alegacións que foran entregadas nas oficiñas de Correos ata o día 5.
Dende o grupo de goberno entenden que é interesante que se presentaran alegacións porque é unha forma de conseguir facer un documento urbanístico co maior consenso posible. Claro que non todas as alegacións se terán en conta. Dende o grupo redactor do documento urbanístico e mesmo dende o equipo de goberno municipal sosteñen que todas aquelas alegacións que teñan viabilidade e signifiquen unha mellora na área urbanística serán estudadas en profundidade e integradas no documento.
Dende a oposición creen que 700 alegacións significan un importante número de persoas disconformes có plan xeral urbanístico de Verín. Agora toca unha laboura de análisis de alegacións, resposta a aquelas que non sexa aceptadas e incorporación ó documento daquelas que sí se acepten.

0 comentarios:

Publicar un comentario