viernes, 30 de julio de 2010

BATUCADA 2010 EN VERIN

Hoxe venres escomenza en Verín unha nova edición, a sétima, da Batucada. Logo dun desfile infantil polas rúas que deu cor á vila, pola tarde dende as 16 horas haberá xogos populares e unha festa reggae. Pola noite chegará o espectáculo Lume da compañía de teatro de rúa Troula e o concerto de Zenzar, Machina, Carlinhos e Gende Beat.
Un dós momentos máis agardados é a Festa da Auga e a Escuma, mañá sábado dende as 4 da tarde na Alameda. A auga é un dós elementos máis agardados é máxime coas elevadas temperaturas que se rexistran estos días.
As 19 horas chega a Ruta da Batucada amenizada por varios grupos e as 22.30 horas: Rock na Raia, un festival no que actuarán Miguel Costas, xunto có grupo verinense Krápulas (hoxe en Onda Cero Verín estará unha representación deste conxunto no programa Verín na Onda) e o portugués Los Eternos.
Boa Batucada, para toooodooossss

0 comentarios:

Publicar un comentario