lunes, 26 de julio de 2010

ANULAN APARCADOIROS NA RUA DO AMBULATORIO

Unha reorganización no tráfico levou a suprimir aparcadoiros na rúa Juan Guerra Valdés de Verín, coñecida como a rúa do ambulatorio. Atopar onde deixar ó coche cando os veciños acuden ó centro de saúde non é doado. Xa non era fácil antes que sempre estaba chea de vehículos tanto na marxen esquerda coma na dereita e agora menos coa reducción de zonas de aparcadoiro. O malestar dós usuarios é patente e así o manifestaron en Onda Cero Verín, no programa Verín na Onda, que recibiu chamadas de veciños mostrando as suas queixas. Agora só se pode aparcar nunha dás marxes. A medida foi tomada para evitar saturacións de vehículos e problemas no tráfico, derivados de que ata agora os coches aparcaban a un e outro lado da rúa e ó ser unha vía de doble sentido ás veces producíanse problemas de tráfico. Ós veciños e usuarios parécelles correcto que se tomen medidas para mellorar a seguridade tanto viaria coma no tráfico o que non lles parece tan correcto é que se adopten decisións que, de antemán, se sabe que van a xerar problemas sin que haxa solucións previas. É decir, se se recortan aparcadoiros nunha zona que se habilite outra próxima para deixar os vehículos; máxime cando se trata dun servizo ó que, en moitos casos, é imprescindible levar o coche porque a meirande parte dos usuarios do centro de saúde son persoas maiores con problemas para moverse. Tampouco se poden esquencer a pais/nais con nenos pequenos.... As voces críticas convidan ó alcalde a que pense coa cabeza ben as decisións que toma para evitar perxudicar ós veciños.
Se queres escoitar un anaco do audio pincha aquí

0 comentarios:

Publicar un comentario