martes, 29 de junio de 2010

RECLAMAN APARCADOIROS PARA BICIS

Usuarios e voluntarios da biblioteca de Verín reclaman a instalación de unha zona para poder aparcar as bicicletas nas inmediacións deste edificio que está situado no centro da vila.
Aseguran que por seguridade e por estética debería ser atendida esta petición. Neste senso explican que cando van á biblioteca en bicicleta non teñen un lugar seguro para deixar o seu medio de transporte sin temor a que cando volten se atopen que a bici desapareceu.
Tampouco ven correcto deixar as bicicletas ás portas do edificio xa que sosteñen que estéticamente non queda ben. Aseguran que hai un número importante de usuarios destas instalacións diariamente que acuden en bicicleta e resúltalles complicado atopar un lugar idóneo para aparcar, así que a petición fíxeronlla directamente en Onda Cero Verín ó alcalde, Juan Manuel Jiménez Morán. Piden, polo tanto, que se habilite unha zona para aparcar bicicletas nas inmediacións da biblioteca. Hai que ter en conta, ademáis, que esta instalación está perto do Concello e ó carón da Casa da Xuventude e do edificio de Cultura polo que a zona de aparcadoiro beneficiaría a moita outra poboación que acude a estos inmobles a facer xestións.
PARA ESCOITAR AUDIO PINCHA AQUÍ

0 comentarios:

Publicar un comentario