miércoles, 23 de junio de 2010

LOTES MADEIRA. NOTA MEDIO RURAL

MEDIO RURAL ADXUDICA EN PRETO DE 1,3 MILLÓNS DE EUROS 36 LOTES DE MADEIRA DE MONTES DA PROVINCIA DE OURENSE

Un total de quince empresas participantes na poxa resultaron adxudicatarias dos lotes procedentes dos concellos do Irixo, Leiro, Lobeira, Maceda, Montederramo, Riós, A Veiga, Monterrei, Verín, Vilardevós, Toén, Laza, Beariz, Avión, Castrelo do Val, Castro Caldelas, Boborás, A Mezquita, A Gudiña, Cualedro, Vilar de Barrio e Sarreaus

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2010.- A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Montes, procedeu esta semana ao acto de apertura das ofertas en 1.277.115,29 euros de 36 lotes de madeira dos montes de xestión pública da provincia de Ourense. Na poxa quince empresas resultaron adxudicatarias de madeira procedente dos concellos de Irixo, Leiro, Lobeira, Maceda, Montederramo, Riós, A Veiga, Monterrei, Verín, Vilardevós, Toén, Laza, Beariz, Avión, Castrelo do Val, Castro Caldelas, Boborás, A Mezquita, A Gudiña, Cualedro, Vilar de Barrio e Sarreaus. O resto dos lotes dos concellos de Beariz, Maceda, A Mezquita, Viana do Bolo, Castro Caldelas, Monterrei e Laza quedaron desertos.

Do Distrito Forestal XI Ribeiro-Arenteiro adxudicáronse 7 lotes procedentes dos concellos de Avión, Beariz, Boborás, O Irixo e Leiro. No caso de Avión, adxudicáronse 1.207 toneladas procedentes do monte comunal de San Justo. A taxación ascendía a 18.108 euros e a mellor oferta chegou aos 21.150 euros. De Beariz poxouse por 4 lotes, dos que un quedou deserto. Os outros tres, procedentes dos montes de Oural, Costa e Chancela tiñan unha taxación de 66.564,06 euros e o seu valor incrementouse ata os 82.770,99 euros.

Os tres lotes restantes deste distrito adxudicados extraeranse dos montes de Sonello, en Boborás, Testeiro 68, no Irixo e Portaton, en Leiro. O lote de Boborás, de 797,69 metros cúbicos, estaba taxado en 13.169,86 euros e alcanzou un prezo final de 14.310 euros; o do Irixo, de 391,86 metros cúbicos, e cunha taxación de 5.877,9 euros alcanzou os 7.877 euros; e polo de Leiro, que suma 800,11 metros cúbicos de madeira valorados en 17.522,41 euros, pagaranse 19.520 euros.

Miño-Arnoia
A poxa incluíu tamén 4 lotes do Distrito Forestal XII Miño-Arnoia, dos que 3 proceden de Monte Medo de Tioira e de Villardecas, en Maceda, e un de Monte A Grela, en Toén. En Maceda, adxudicouse un lote, taxado en 49.478,15 euros e que alcanzou un valor de 51.515 euros. Pola súa banda, o lote de Toén, de 988,81 metros cúbicos e taxado en 22.248,23 euros, adxudicouse por 23.352 euros.

Do Distrito Forestal XIII Valdeorras-Trives subastáronse cinco lotes, tres de Castro Caldelas, un de Montederramo e outro da Veiga. Dos lotes de Castro Caldelas, adxudicouse por 28.000 euros o lote procedente da Serra de Mazaira, taxado inicialmente en 26.800 euros. No caso de Montederramo, extraeranse 3.265,54 metros cúbicos da Serra de San Mamede, cun valor de saída de 65.310,8 euros que ascendeu ata os 71.670 euros. Finalmente, no concello da Veiga extraeranse 2.275 toneladas do monte Carballa Blanca e Couto taxados en 20.475 euros e que foron adxudicados por 20.700 euros.

Verín-Viana
Case a metade dos lotes subastados, 20, pertencen aos montes do Distrito Forestal XIV Verín-Viana. Os concellos do distrito dos que se poxará máis madeira son Laza, Monterrei, Riós e Vilardevós, con tres lotes cada un deles. Dos de Laza, os dous lotes adxudicados, con madeira procedente do monte de Touza taxada en 46.798,05 euros, alcanzaron un prezo final de 56.397,20 euros.

Das Serras de Meda e de San Salvador, en Monterrei, adxudicáronse tamén dous lotes. O prezo de saída destes era de 142.670,6 euros e subiu ata os 163.876 euros. Canto a Riós, extraeranse 4.745,57 metros cúbicos de madeira dos montes de Florderrey, Castrelo de Cima e Portela de Fraga, cun valor total de saída de 102.442,51 euros que ascendeu ata os 117.812 euros. Dos montes de Feilas, Osoño e Bemposta, en Vilardevós extraeranse 5.823,61 metros cúbicos de madeira taxados en 104.108,77 euros e adxudicados por 117.331.

Pola súa banda, dos concellos da Mezquita e de Castrelo do Val poxouse por cadanseu par de lotes. Os de Castrelo do Val, de 3.620,57 metros cúbicos de madeira procedente dos montes comunais de Ribas e Campobecerros, tiñan valor de saída de 70.463,2 euros e alcanzaron os 85.942 euros.

Os catro lotes restantes correspóndense con madeira que se extraerá dos concellos da Gudiña, Cualedro, Verín e Viana. Da Gudiña extraeranse 794,93 metros cúbicos do monte comunal de Barxa, cunha prezo de partida de 17.719,22 euros que alcanzou os 19.219,4 euros. Os 1.690,72 metros cúbicos de madeira de Cualedro extraeranse do Coto das Mercedes. O seu prezo de saída foi de 45.006,97 euros e chegou aos 49.110 euros. De Verín poxouse por un lote de 191 metros cúbicos de madeira procedente do monte de Abedes e taxada en 3.627,43 euros, que se adxudicou en 4.000 euros.

A Limia
Finalmente, do Distrito Forestal XV A Limia, saíran a poxa nove lotes dos concellos de Lobeira, Vilar de Barrio, Sarreaus e Lobios. Dos montes de Villarino, Motas e Viso, en Lobeira, extraeranse tres lotes de madeira que suman 1.923,45 metros cúbicos e unha taxación de 56.429,04 euros. Os lotes adxudicáronse por 58.376 euros. De Vilar de Barrio tamén saíron a poxa tres lotes de 4.186,05 metros cúbicos de madeira procedente dos montes de San Mamed de Porto e de San Mamed de Prado e Candas, taxados en 83.409,07 euros e polos que se pagarán 213.076,7 euros. No caso de Sarreaus, son dous os lotes que participaron na poxa. Trátase de 1.090,77 metros cúbicos de madeira, taxada en 24.408,4 euros, que se extraerá do monte Alá Enriba e que se adxudicou por 28.110. Da Serra do Xurés, en Lobios, poxouse por 671,18 metros cúbicos de madeira, taxados en 19.162,19 euros e que se adxudicaron por 23.000 euros.


SAÚDOS,
GABINETE DE COMUNICACIÓN DA CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL.

0 comentarios:

Publicar un comentario