miércoles, 30 de junio de 2010

ACTOS VANDÁLICOS POLIDEPORTIVO A GRANXA

Os actos vandálicos non cesan en Verín. As instalacións deportivas de A Granxa foron o escenario elexido polos desalmados. Trátase de un complexo recén remodelado, no que se investiron cantidades millonarias e xa hai quen quere destrozalo.
Destrozaron o cadro eléctrico do polideportivo, romperon os cristais de metacrilato da pista de pádel que aínda estaba sin estrenar...Os destrozos son importantes e a decepción é patente entre as persoas que día a día traballan para ofertar unhas instalacións en condicións. A decepción exténdese tamén a aqueles deportistas que ven neste complexo deportivo un lugar idóneo para a práctica do seu deporte favorito e para pasar horas de ocio e lecer.
Reclaman vixiancia e que o peso da lei recaia sobre aquelas persoas que se adican a destrozar e a roubar. Non entenden que a Xustiza lles permita os autores de actos así entrar por unha porta e sair por outra, como se nada pasara. Piden que se fagan as xestións oportunas para dar cós vándalos e propoñen por exemplo que se lles obrigue por un lado a repoñer todo o que destrozaron e por outro que durante varios meses se lles impoña a obrigación de limpar, cuidar...en definitiva atender as instalacións baixo control e supervisión. E en caso de ser reincidente, piden que as sancións sexan máis rotunda. Quen así opina cree que sólo así poderán entender o dano que fan, cando destrozan, rouban, queiman...patrimonio público ou privado.O alcalde, Juan Manuel Jiménez Morán, vai pedir as autoridades competentes que se establezan mecanismos de vixiancia para evitar destrozos en lugares como o polideportivo de A Granxa.

0 comentarios:

Publicar un comentario